Esquerda Unida reitera o apoio aos sindicalistas e traballadores que están a ser investigados por participar na mobilización de Alcoa do pasado 28 de marzo, diante do Congreso, en Madrid.
Dende Esquerda Unida temos claro que é inaceptable que se investigue a estes sindicalistas e traballadores por defender á clase traballadora, polo que volvemos a esixir a necesaria derrogación da Lei Mordaza, que só criminaliza a protesta social e as mobilizacións, camiñando en contra dunha democracia avanzada.
Por todo isto, sumámonos e chamamos a participar nesta segunda concentración coa fin de arroupar aos sindicalistas e traballadores de Alcoa investigados. A concentración terá lugar mañá, 8 de outubro, ás 12 horas, diante dos Xulgados de Ferrol.