Esquerda Unida congratúlase porque os promotores legalicen as obras de Casablanca denunciadas polo grupo municipal de EU-V. Unhas obras que non estaban sinalizadas e non so causaban molestias a veciñanza debido a que a rúa atopábase embarrada e os sumidoiros atascados, senón que estaban a poñer en risco a súa seguridade pois invadían a beirarrúa obrigando aos peóns a pasar pola calzada poñendo en risco a súa integridade, situación que se agravaba debido a estreitei da estrada.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao Goberno municipal que abra o correspondente expediente sancionador aos promotores por iniciar as obras sen licenza urbanística. Porque a devandita licenza urbanística, para o peche parcial da parcela e a construción dun muro de contención no terro sito na Avda. das Xubias S/N – Lugar de Casablanca foi concedida polo Goberno municipal na Xunta de Goberno de dous de febreiro de 2012.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “os coruñeses e coruñesas poden ter a seguridade de que non permitiremos ao Goberno do PP continuar coa situación de cidade sen lei mantida durante décadas polo desgoberno urbanístico do PSOE”.
César Santiso, animou a cidadanía a que denuncien no seu grupo municipal todas as eivas e irregularidades que atopen, porque “nós, ao contrario de outros que se din de esquerdas, non os defraudaremos. Loitaremos para que se cumpra a legalidade vixente, aínda que nos teñamos que enfrontar contra os poderosos desta cidade que durante décadas camparon as súas anchas coa conivencia do PSOE”.