Esta Noitevella Esquerda Unida da Coruña estará presente nos campamentos de poboación refuxiada de Tinduf para denunciar o abandono e persecución que sofren os saharauis refuxiados no deserto de Arxel dende fai 37 anos, diante do silencio cómplice da comunidade internacional en xeral e de España en particular que permiten a vulneración da legalidade internacional e o dereito humanitario.
O coordinador comarcal da Área de Mocidade na Coruña, Miguel Picado, participa no I encontro político coa mocidade saharaui, xunto con outros trece mozos do estado. A delegación española está formada por 4 mozos da Esquerda Plural (2 de Esquerda Unida, 1 de Iniciativa per Catalunya e 1 da Chunta Aragonesista), 4 de UPyD, 2 de PSOE, 1 de Equo, 1 de EH-Bildu e 1 de Compromis). Mentres que por parte saharaui participa a súa agrupación xuvenil UJSario.
Miguel Picado, que tamén é membro do consello comarcal de EU e colaborador do grupo municipal de EU-V na Coruña, aproveitou o encontro para achegar ao campamento menciñas, material sanitario e escolar. Momentos antes de partir denunciou a complicidade do Estado Español con Marrocos e esixiu ao goberno de España que cumpra coas responsabilidades esquecidas durante tantos anos, algo que precisamente preténdese reverter creando este tipo de espacios de reflexión e cooperación política da mocidade na procura de acadar ferramentas que permitan unha resolución do conflicto.
O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indico que “o noso responsable da área de mocidade participa nesta xunta para amosar a solidariedade e compromiso coruñés coa causa saharaui e pular pola realización do Referendo de autodeterminación prometido no ano 92”.
Dende Esquerda Unida consideramos imprescindible e urxente que o pobo saharaui poida decidir sobre o seu presente e futuro mediante un Referendo de autodeterminación libre, democrático e transparente.