EU critica a reducción de gasto sanitario

Para Eva Solla, “as políticas de recortes deixan situacións moi difíciles para as persoas que agardan por unha intervención e mostran o máis forte desprezo aos pacientes afectados que financian cos seus impostos un sistema sanitario público; o que é vergoñento”.

Neste senso, AGE xa presentou diversas iniciativas no Parlamento para que a Xunta explique este tipo de decisións e teña en conta as demandas dos profesionais e sindicatos e plataformas sanitarias co fin de non e paralizar a actividade asistencial nos hospitais.

Non entanto, tal e como denuncia a deputada, “a política sanitaria da Xunta, en troques de mellorar os centros hospitalarios e de saúde, onde está a pechar camas, prefire mercar camións para operar neles. Previa privatización e entrega a Ferrovial do Hospital de Ourense, dixeron que tiñan que pechar camas porque hai menos intervencións cirúrxicas”, critica.

Segundo Solla, “todos estes feitos deixan en evidencia a folla de ruta marcada polo goberno galego: entregar as empresas privadas o sistema sanitario público para que podan facer negocio a costa da saúde da cidadanía”.

Relacionados