EU Cumpriu no Pleno co Birloque

 

Ésta situación é patente preto da Escola de Formación Profesional de Someso (tradicionalmente chamada a Acelerada), con estradas sen beirarrúas nin sinalización, cunha iluminación deficiente, sen pasos de peóns. Na devandita asemblea, múltiples foron as denuncias e as queixas dos veciños neste sentido, o que constata a necesidade de dotacións e infraestruturas básicas.

 

Esquerda Unida traslada ao Pleno do Concello as iniciativas aprobadas na Asemblea de Barrio do Birloque, cumprindo así unha das promesas electorais, nas que nos comprometíamos a servir de correa de transmisión entre a veciñanza e o Concello e demostrando que, a diferenza de outros grupos políticos, facemos o que dicimos e dicimos o que facemos.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentou 14 preguntas escritas aprobadas en Asemblea pola veciñanza do Birloque, 2ª fase do Viña, Someso, As Rañas, Martinete, Lonzas ou Santo Cristovo das Viñas. As ditas preguntas correspóndense con outras tantas iniciativas que pretende mellorar a vida dunha zona que está esquecido polo Concello como facilmente pódese constatar cunha simple visita ao barrio para observar a situación de subdesenvolvemento na que se atopan algunhas das dotacións municipais en comparación con outras zonas da Coruña.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, desenvolveu unha pregunta oral para que a voz da veciñanza chegase ata María Pita e indicou que “facemos esta pregunta cumprindo co compromiso de trasladar ao goberno municipal e á opinión pública as inquedanzas da veciñanza que se nos transmitiu na Asemblea de Barrio celebrada recentemente no local da Asociacións de veciños Os Anxos”.

En qué prazo ten o Goberno municipal previsto acondicionar a zona do Birloque dotándoa das infraestruturas propias dunha zona urbana mediante a sinalización correcta de límites de velocidade, a incorporación de beirarrúas e a instalación de farois, a reparación dos equipamentos degradados, a incorporación dos pasos de peóns que sexan necesarios, a construción de zonas de xogo infantil e de esparexemento para maiores, a creación de novas e necesarias paradas de autobuses, o derribo ou recuperación de edificios en ruína, ou a recuperación de descampados para a construción de novos equipamentos e, incluso, a creación temporal de hortas urbanas?

Relacionados