EU denuncia a actitude hostil de Zapatero para co pobo saharaui

 

A pregunta pretendía averiguar as razóns que tiña o goberno para rexeitar a petición de asilo de 17 dos 22 saharauis que arribaran ás nosas costas a inicios de xaneiro, fuxindo da persecución das autoridades de Marrocos.

 

Dicir que ter a condición de “saharaui” non é condición suficiente para ter asilo político en España é ignorar as condicións de vida da poboación saharaui (en campamentos e con estreiteces de todo tipo que dificultan a supervivencia). É ignorar a nosa débeda histórica para co pobo saharaui. É esquecer as normas máis esenciais do que debe ser unha democracia acolledora. É, unha vez máis, facerlle o xogo ao Reino de Marrocos.

 

Mais non debe de abraiarnos esta carencia democrática, xa que en Francia a condición de “afgán” tampouco é recoñecida cando ese país vive nun estado de guerra permanente desde hai anos. Esta é a Europa-fortaleza, a Europa que lle dá as costas ás ideas do republicanismo cívico e hospitalario.

 

Así non. Así non se constrúe unha sociedade máis xusta.

 

Relacionados