Mañá, 15 de outubro, terán lugar diversas mobilizacións en toda Galicia que teñen o obxectivo de deter as negociacións sobre o TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos), CETA (Acordo Económico e Comercial Global con Canadá) e TISA (Acordo sobre o Comercio de Servizos ), tratados comerciais que negocian a Unión Europea e Estados Unidose Canadá e que, de saír adiante, en palabras de Yolanda Díaz, “suporían a liquidación do estado de benestar, mudando o modelo económico e social da UE para que xire ao servizo das grandes empresas, rematando con importantes conquistas sociais e xerando beneficios para uns poucos”.
A coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Yolanda Díaz, manifesta que “estestratadosrepresentan unha arma que supón unha chantaxe por parte da oligarquía de ambos lados do Atlántico á soberanía dos pobos”. De saír adiante o TTIP, “suporía a liquidación do benestar, xa que o tratado persegue desregular por completo os dereitos sociais, laborais, económicos e ambientais; deixando á sociedade sen ferramentas efectivas para opoñerse aos intereses das grandes empresas, provocando que sexan as grandes empresas as que condicionen ás políticas económicas dos Estados, e non ao revés”, incide.
Para Esquerda Unida o obxectivo número un da esquerda europea debe ser impedir o acordo comercial TTIP que negocian EE.UU. e a UE, pois non podemos permitir esta agresión á clase traballadora e ao futuro das nosas sociedades.
Este sábado 15 de OUTUBRO os membros da dirección de Esquerda Unida asistirán ás diferentes mobilizacións das Marchas da Dignidade que terán lugar en toda Galicia:
YOLANDA DÍAZ, coordinadora nacional de EU e deputada de En Marea
Lugar: A Coruña. (Campo de Marte). Hora: 19h.
VANESSA ANGUSTIA, coordinadora de EU Pontevedra e senadora de En Marea Lugar: Praza da Peregrina (Pontevedra). Hora: 13h.
RUBÉN PÉREZ, secretario de Organización de EU EVA SOLLA, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada electa de En Marea Lugar: Cruce de Vía Norte/Urzáiz (Vigo). Hora: 19h.
XABIER RON, membro da dirección de Esquerda Unida Lugar: Praza do Toural (Compostela). Hora: 19h. |