EU incorpora o debate sobre mobilidade

 

Un transporte público que grazas ao aforro económico e de tempo disuadira a cidadanía de usar o seu propio coche para os desprazamentos.

 

Asemade, Esquerda Unida incidía na necesidade do enriquecemento do devandito plan mediante a participación cidadá, polo que propoñía a creación do Consello de Mobilidade Local participado por veciñanza, movementos sociais e as distintas forzas políticas. Por ese motivo comezou unha rolda de contactos co tecido asociativo coruñés para presentar o PIMUS e solicitar achegas. Así o 15 e 16 de decembro, o 22 e 28 de xaneiro e o 11 de febreiro avanzou novos detalles do PIMUS segundo se consensuaban coa cidadanía, nunha tarefa que continuamos e continuaremos desenvolvendo.

 

Xa que logo, Esquerda unida congratúlase pola súa capacidade para incorporar ao debate político coruñés a necesidade de desenvolver un Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel.

 

Así, o consello comarcal saúda que outras formacións políticas como BNG ou PP adhíranse á iniciativa de EU e convídalles a ter xuntanzas e desenvolver un diálogo fluído para avanzares neste tema fundamental para o futuro da Coruña. Neste sentido Esquerda Unida coincide co candidato a alcaldía polo BNG na necesidade de desenvolver un plan de mobilidade e, tamén, nas críticas de efectuadas estes días por Carril ao Goberno bipartito, nas que indicaba que antes de desenvolver corredores verdes para humanizar a cidade, o concello debe resolver os problemas de tráfico mediante un verdadeiro plan de mobilidade, como xa indicaba primeiramente EU nun comunicado o 11 de febreiro.

 

Por outra banda, Esquerda Unida recorda que o 15 de decembro anuncio a proposta de aparcadoiros disuasorios gratuítos situados nas vías de entrada da cidade, perfectamente conectados mediante unha nova rede de transporte público de calidade que permita aos usuarios aforrar tempo e cartos.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “a proposta en materia de mobilidade presentada polo PP é unha mala copia da achegada meses atrás por Esquerda Unida”. Mentres nos presentamos unha proposta coherente de aparcadoiros disuasorios gratuítos, integrada no PIMUS, o PP vende fume presentándonos unha iniciativa baseada en aparcadoiros de pago situados nos concellos limítrofes, o que obriga á difícil tarefa de chegar a acordos entre distintas administracións locais e a propia Xunta de Galicia.

 

César Santiso indicou tamén que “semella que o PP, coa única intención de sacar rédito electoral, está a realizar populismo cun problema de máxima gravidade para o 12% dos coruñeses e coruñesas. Doutro modo non se pode entender a incoherencia de anunciar aparcadoiros disuasorios días despois de asegurar que si chegan á alcaldía retirarían o carril bus”.

Relacionados