EU lamenta o peche de Xornal de Galicia

O Colexio de Xornalistas de Galicia informaba onte de que Xornal de Galicia aparecería nos kioscos por última vez este xoves. A dirección da empresa argumentou razóns económicas, vinculadas á caída dos ingresos por publicidade e na falta de apoio institucional.

Esquerda Unida considera que o peche da edición en papel de Xornal de Galicia supón unha perda da pluralidade periodística, e lamenta así a perda dun xornal caracterizado pola súa profesionalidade, independencia, pluralidade e bo facer periodístico.

 

O consello comarcal de EU Coruña saliéntea o compromiso do xornal coa normalización do uso da lingua galega.

 

Por outra banda, o Grupo Municipal de EU-V solidarizase cos traballadores e traballadores do Xornal de Galicia enviándolles unha mensaxe de ánimo nestes difíciles momentos. O peche dun xornal galego emblemático e a posíbel perda de postos de traballo, debería ser motivo de reflexión da clase política de cara a centrar os esforzos no verdadeiro problema: o paro.

 

Os poderes públicos deben estar ao servizo da cidadanía para axudar a quen máis o necesita. Hai miles de familias que non teñen ingresos de ningún tipo e os servicios sociais do concello deben estar para ofrecer solucións e ser un servicio integral de emprego eficaz e rápido.

 

Esquerda Unida – Os Verdes reitera a súa solicitude ao Goberno municipal para que cumpra as súas promesas e fomente o emprego. Esiximos políticas de creación de emprego, servicios públicos que axuden a dar resposta á demanda de traballo dos cidadáns e as súas necesidades básicas de vivenda e transporte público de calidade a baixo prezo. Porque Esquerda Unida da Coruña está ao lado de todos estes cidadás que están a ver como o seu traballo desapare por unha mala xestión económica do estado, dos bancos e dun crecemento económico baseado no ladrillo e a especulación.

Relacionados