EU logrou tributación máis xusta

 

Dende Esquerda Unida apostamos por unha reforma fiscal máis xusta, equitativa e progresiva baseada no principio de o que máis ten máis paga. Así, apostábamos por crear un imposto ás grandes fortunas, crear unha taxa para as transaccións financeiras,  incrementar o imposto de sociedades para aquelas empresas que obteñen grandes beneficios ou incrementar os tramos altos do IRPF. Con todo o Goberno central desenvolve unha subida lineal do 10% do IBI para todos os suxeitos pasivos e un incremento por tramos de IRPF que si ben é progresivo o sofren todos os cidadáns, asemade as diferenzas no IRPF entre as rendas baixas e as altas non cumpre co principio de equidade e, xa que logo, de xustiza social o que prexudicará ás familias traballadoras.

 

Grazas ás propostas de Esquerda Unida incluídas nas ordenanzas fiscais os coruñeses máis desfavorecidos teñen as maiores bonificacións na historia da cidade. Logro que cobra maior importancia para a maioría social coruñesa, logo do incremento impositivo ordenado polo Goberno central.

 

Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a pesares do pouco marxe de actuación que permiten os tributos locais, utilizamos todas as ferramentas que permite a lei para que paguen menos os quen menos ten. Por exemplo os que teñen menos ingresos tan so pagan o 5% da Plusvalía” (Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana).

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes subliña que apesares do carácter obxetivo do IBI, o que impide ter en conta a situación do suxeito pasivo, lográronse bonificacións para os máis necesitados utilizando todas as posibilidades contempladas na lei, así incrementouse ata cinco anos o 50% de bonificación para as vivendas de protección oficial.

 

Relacionados