Esquerda Unida congratúlase de que a súa intervención evitase que A Coruña quedase este ano sen Arroutada Party, logo de días de intensos contactos para tender unha liña de colaboración entre o Goberno municipal e os organizadores do evento que fructificaron na xuntanza de hoxe, na que, tal e como propoñía EU, a Concelleira de cultura comprometeuse a facerse cargo da conexión a Internet do evento, no que consideramos unha decisión acertada que sen dúbida fomentará a imaxe da Coruña como cidade emprendedora e de destino turístico.
O grupo municipal de EU-V mediou entre a asociación organizadora, amiga, e a consellería de cultura para evitar que se cancelase un evento xa anunciado o que iría en contra da credibilidade da economía local. Pois efectivamente trátase dun evento de transcendencia estatal no que se fomentan as tecnoloxías da información, fundamentais para desenvolver o cambio do modelo produtivo que favoreza a reactivación económica e a xeración de emprego.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “este é un exemplo de oposición responsábel e construtiva, A Coruña non se podía permitir o luxo de suspender un evento con dezasete anos de tradición”. Valoramos positivamente o espírito dialogante do Goberno municipal, na liña do mostrado por Esquerda Unida.
César Santiso subliñou que “aínda que non se compartan posicións políticas, o importante é dialogar, debater e consensuar actuacións que beneficien a cidadanía. En definitiva traballar para a veciñanza porque os poderes públicos teñen que resolver os problemas dos cidadáns non crealos.
Santiso finalizou expresando o seu desexo de que este fito sexa o comezo dunha época de diálogo na que so se traballe polo interese da cidadanía, unha época na que o Goberno municipal conte coa oposición para a toma de decisións e acepte as propostas que beneficien a cidadanía sen mirar de quen ben, porque a corporación da Coruña está formada por catro forzas políticas con distinta ideoloxía e inquietudes, pero co nun nexo común o benestar da veciñanza.