Aumento dun 40% en militancia

EU medra especialmente entre os mozos e mozas e entre os cadros sindicais e membros de comités de empresa de moitas industrias da cidade. A este tecido militante (que pagan cuota de afiliación) hai que sumar centos de simpatizantes que participan na actividade política de Esquerda Unida sen ser afiliados ou afiliadas.

O coordenador local de EU en Vigo valorou hoxe a presencia política e organizativa de EU nun ano de intenso traballo político na cidade, que culminou coa aposta acertada pola coalición ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA e a elección da responsable de organización local Eva Solla como deputada por Pontevedra. Neste 2012 EU estivo en todos os conflictos sociais e laborais da cidade, presentou propostas alternativas a orzamentos, ordenanzas, estivo presente nos plenos e tivo unha participación importante nas dúas folgas xerais contra as políticas do goberno do PP.

Do mesmo xeito o traballo de extensión organizativa permitiu a EU ter xa presencia en todos os barrios da cidade, especialmente importante para nós: “suliña o coordenador local de EU” e ter xa tecido organizativo en Navia e organizacións sectoriais como a de saúde, mocidade ou emprego. EU ademáis neste 2012 ten xa agrupacións en todos os concellos limítrofes gracias ao traballo da estrutura comarcal da organización.

O coordenador local de EU anunciou que a principal aposta da formación de esquerdas para o 2013 é apontalar os espazos de confluencia co resto das forzas que conforman a ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA así como reforzar a estructura nacional e federal de EU incorporando cadros de Vigo ao Consello Político Nacional de EU e ao Consello Politico federal de IU.

 

Relacionados