EU contra a reforma da Constitución

EU participou na mobilización contra a reforma convocada polos sindicatos CCOO, UGT e USO cunha nutrida representación encabezada pola coordinadora nacional, Yolanda Díaz, o coordinador comarcal, César Santiso e o secretario de organización Jorge Gil.

A reforma da Constitución pactada polo PSOE e o PP representa para a sociedade o mesmo que ocorrería si se prohibise solicitar préstamos ás familias traballadoras. Impide á cidadanía investir no seu benestar futuro.

 

Cando os especuladores internacionais xogaron á bolsa e perderon o Goberno do PSOE utilizou os aforros das familias traballadoras para rescatalos. Como no gañaron o suficiente agora queren blindar o cobro dos intereses por prestarnos un diñeiro que xa era noso.

 

Coa reforma constitucional o PSOE e o PP hipotecan a capacidade de actuación dos poderes públicos. Si non chegan os cartos primeiro cobran os bancos e tan só os restos son para o benestar das persoas.

 

Realizando unha reforma da Constitución polo procedemento parlamentario de lectura única están a roubarnos a capacidade de decidir sobre o noso futuro, rachan o consenso constitucional logrado en 1978 e demostran o seu desprezo pola vontade da cidadanía.

 

A reforma desenvólvese con tanta presa porque tanto o PSOE como o PP actúan as ordes dos bancos e os especuladores que pretenden manter o seu ritmo de escandalosos beneficios incluso nestes momentos de dura crise provocada pola súa propia avaricia. Por iso o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes chama a todas as forzas sociais e políticas a desenvolver accións unitarias para facer unha fronte única para demandar o referendo.

 

Relacionados