EU no XXV aniversario da FPG

O acto forma parte do Congreso Nacional da FPG que se desenvolve na vila pontevedresa.

A executiva nacional de EU a través do seu secretario de organización, Rubén Pérez, trasladará de xeito “fraternal” a felicitación dos homes e mulleres de EU dos XXV anos dunha formación política que, dende vello, ten teorizado e posto en práctica unha política ampla de alianzas da esquerda en Galicia, e que sen dúbida foi determinante para a concrección do proxecto político de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA.

Non podemos máis que “mirar atrás”, sinala Rubén Pérez, e agradecer as pontes edificadas polo traballo político e social da FPG para que facilitaron que moitos e moitas converxeramos nun espazo de traballo común co que enfrentarnos ao capitalismo na nosa terra.

Rubén Pérez suliña que EU coindice na formulación da FPG de “apostar por unha Fronte Ampla de Unidade Popular, coa vista posta no reforzamento dos acordos de máximos e na acumulación de forzas na esquerda e no soberanismo” espazo cada día máis vertebrado e posible gracias a irrupción de AGE no panorama político galego.

Neste contexto Esquerda Unida dará traslado da súa proposta para mudar Europa dende a confluencia das forzas políticas de esquerdas, cun acordo de mínimos, cun eixo programático común, e con toda a vontade posible.

 

Relacionados