EU Participa na mobilización

 

Logo das agresións do anterior goberno do PSOE que se dicía de esquerdas, como as contrareformas laborais do 2010 e 2011, o aumento da idade de xubilación, as conxelacións das pensións, ou os recortes dos salarios dos empregados públicos, o Goberno do PP está a perpetrar a maior agresión aos dereitos dos traballadores de toda a época democrática, mediante unha reforma laboral por decreto lei. Demóstrase, así, unha vez máis a hipocrisía tanto do PP como do PSOE, que cando gobernan o fan ao ditado dos mercados, incumprindo e modificando sen rubor o seu discurso de oposición.

 

Esquerda unida chama á cidadanía coruñesa a mobilizarse contra a reforma laboral e na defensa dos nosos dereitos, porque esta nova agresión contra as familias traballadoras, entre outras cousas, establece un novo contrato con período de proba de un ano, abarata e facilita o despido en xeral, desregula o tempo de traballo e, de facto, anual os convenios colectivos. Pola contra, ademáis de facilitarlle a libre disposición dos traballadores, a nova contrareforma laboral supón para os empresarios, coa excusa de incentivar a contratación, novas deduccións ás cotas da seguridade social e rebaixas fiscais. Medidas estas, que co seu abuso, contribúen a mermar a solvencia do INSS e a reducir os ingresos do estado. Precisamente os motivos polos que xustifican os recortes sociais.

 

O consello comarcal de Esquerda Unida na Coruña participará con faixa propia na mobilización do vindeiro 19 de febreiro que partirá as 12:00 h. da praza da palloza, para mostrarlle a pinza PP-PSOE que esta reforma é inxusta cos traballadores, ineficaz para a economía e inútil para a creación de emprego.

 

O coordinador comarcal e voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida- Os Verdes na Coruña, indicou “está reforma so ten unha misión: contentar aos mercados que pretenden eliminar os poucos dereitos que nos quedan aos traballadores e traballadoras”.

 

DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS DENDE A UNIDADE DE ACCIÓN!

Relacionados