EU participa nunha xuntanza en Madrid coas forzas de Unidos Podemos e as confluencias

Esquerda Unida valora como “positiva” a reunión mantida esta tarde con representantes doutras formacións integrantes da coalición electoral Unidos Podemos, así como con portavoces das confluencias en distintos territorios como En Comú Podem, En Marea, A la Valenciana ou da candidatura con Més en Baleares.

A Coordinadora Nacional de EU, Yolanda Díaz, e o Secretario de Organización de EU, Rubén Pérez presentes na reunión, que se desenvolveu na sede madrileña de Podemos durante preto de tres horas, coinciden en sinalar que esta foi “só unha primeira toma de contacto e aínda quedan moitos debates pendentes para analizar en profundidade as causas que se sumaron até chegar a uns resultados electorais que reflicten unha perda de votos”, o que abordamos hoxe -sinalan- “foi unha primeira valoración colectiva que deu lugar a un diagnóstico maioritariamente coincidente”.

Entre os puntos concretos debatidos estivo o feito de que a campaña do medo lanzada polo PP, que contou coa complicidade do PSOE, serviu para mobilizar e concentrar o voto conservador, todo iso cuns “resultados electorais similares” aos dos comicios anteriores do 20D de 2015, a pesar da subida do voto dos “populares” e o descenso en votos e deputados socialistas e Cidadanos.

Relacionados