Co motivo do Día das Persoas Migrantes #18D, Esquerda Unida participará activamente nos diferentes actos programados dende o Foro Galego de Inmigración, que cada ano adica os días próximos ao 18 de Decembro, Día Internacional das Migracións, para denunciar o carácter represivo e criminalizador das políticas migratorias.
Nesas datas non só amosamos as vulneracións de dereitos na fronteira sur, senón que tratamos de visibilizar aqueles dispositivos de control e exclusión das persoas migrantes que se levan a cabo moi preto de nós, nas mesmas vilas e cidades que habitamos. Para Esquerda Unida, este 18 de decembro de 2016 pasará a historia por ser o máis negativo a niveis internacionais para as persoas migrantes. Tamén para as persoas solicitantes de asilo político. Todo debido a unha deliberada e burda manipulación que asimilou as dúas condicións humanas para amputar os dereitos propios dunha persoa que sae dun país en conflito e recortar aínda máis os dereitos das persoas migrantes, todas elas convertidas inxustamente, polo discurso da dereita, nese outro perigoso, indesexable, vestido coa roupa do discurso delicuencial e criminalizador.
Descargar o Manifesto do Día das Persoas Migrantes