Esta situación, totalmente allea ao empregado público que está a gozar do que por dereito lle corresponde, está a supoñer graves inconvenientes a todos os cidadáns que estean a tramitar un proxecto de reforma ou rehabilitación nalgunha zona do Plan Especial de Protección y Reforma Interior (PEPRI), e dicir Pescadería e cidade vella. Pois a lei de protección do patrimonio esixe o perceptivo informe do arqueólogo municipal.
O concello xa anunciou que non cubrirá a praza ata marzo, con todo, asegura que a Oficina de Rehabilitación segue a funcionar con normalidade. Afirmación que para o Coordinador Comarcal de EU, César Santiso, e un novo insulto a intelixencia dos coruñeses e coruñesas, pois é sabido que as solicitudes non poden finalizar a súa tramitación ata que teñan o informe positivo do arqueólogo municipal.
Semella incomprensíbel que o concello coñeza dende fai tempo a situación de precariedade que se ía a producir co bloqueo por dous meses dos proxectos en tramitación e non teña a capacidade de poñer os medios necesarios para resolver o problema, algo tan sinxelo como realizar unha simple contratación temporal. Xa que logo, o consello comarcal de EU Coruña denuncia que o colapso que está a vivir a oficina de rehabilitación xurde como consecuencia da nula planificación administrativa por parte do goberno local.
Esta é unha máis das múltiples situacións nas que o goberno coruñés manifesta a súa ineficacia, falta de planificación e incapacidade organizativa. Situación que está a supoñer que a Administración local coruñesa, a pesares de contar cun cadro de persoal cualificado e profesional que supera o milleiro de traballadores e traballadoras, non sexa capaz por si mesma de dar cobertura aos servizos a cidadanía que a constitución obriga. Deixando vía libre a masiva externalización de servizos co elevadísimo custe que esta práctica ten para as arcas municipais.
Por iso, Esquerda unida propón un Plan de Reorganización da Administración Coruñesa (PRAC) que permita optimizar recursos, gañar en eficacia e mellorar a productividade do persoal, mediante unha mellor e máis flexíbel organización do traballo na que se fomente o cooperativismo e o traballo en grupo en lugar da actual estrutura baseada nunha perversa pirámide invertida de mando que é sinónimo de ineficiencia e individualismo.
EU leva meses traballando no desenvolvemento do devandito PRAC que permitiría a creación de novos servizos para a cidadanía coruñesa, ao tempo que suporía un aforro de custos mediante a reducción paulatina de servizos externalizados. Nos próximos meses o presentará ás distintas organizacións sindicais para que o dean a coñecer aos traballadores e traballadoras do concello, para que estes dende a súa visión da praxes diaria desenvolvan achegas que o enriquezan.