Semellante medida tería uns resultados nefastos en tanto afundirá as expectativas sociais creadas en torno desta medida, expectativas vencelladas a unha demanda certa e real de vivenda pública protexida.
“Semella un escándalo que non se atendan ás necesidades de acceso á vivenda da xente moza de Ferrol e que se atopa en dificultades económicas e sociais, das familias monoparentais encabezadas por unha muller, o que esixe do actual Goberno Municipal que se deixe de lerias e complete o proceso de adxudicación en curso”, salienta Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal de EU. O que se aparca e desbota polo Goberno Municipal non é outra cousa que a sensibilidade social para atender as familias que en situacións dramáticas en non poucas ocasións levan meses á espera da resolución deste proceso.
Esquerda Unida chama ao actual Goberno Municipal a reconsiderar a súa proposta e a non frustrar o valor social deste proceso de adxudicación en curso. Mais non intre onde se nota con especial dureza a situación de crise económica e social. É unha burla que agora diga o Goberno Municipal que a ver se en 2012 dota con cartos o acondicionamento dalgunga vivenda e que vai completar o censo. Son todas estas argumentacións pretextos para bloquear un proceso necesario e demandado pola cidadanía.
Esquerda Unida afirma a súa vontade de soster o actual proceso de adxudicación atendendo o notable número de solicitudes presentadas, as cales expresan o déficit en materia de vivendas que temos na cidade e a obriga dos poderes públicos para na medida das posibilidades (que Recimil ofrece sen dúbida algunha) darlle unha resposta de esquerdas, social.