Ademais, outros/as membros da candidatura entre os que se atopaban Isabel Sánchez, Alejandro Robledillo, Iago Castro ou Pablo Sánchez, fixeron o mesmo nos centros de Quiroga Ballesteros, A Piringalla e A Ponte, acompañados por outros compañeiros da candidatura.
Ramón Vázquez, orientador de Primaria, sinalou que “o mellor xeito de garantir o dereito universal á educacion é a defensa do ensino público durante toda a vida, desde a etapa dos 0 aos 3 anos nas escolas infantís ata o ensino universitario”. Neste sentido, destacou que “resulta imprescindible unha oferta educativa que inclúa a formación para o emprego e a formación das persoas maiores, asegurando unha educación de calidade para todos e todas en condicións de igualdade”.
As principais propostas de Esquerda Unida no eido educativo son:
– Expansión da rede pública de escolas infantís ata cubrir a demanda existente no ciclo de 0 a 3 anos, con xestión pública e gratuíta.
– Un amplio plan de actividades extraescolares, realizado en coordinación coas ANPAS (Asociacións de Nais e Pais de Alumnos).
– Concertar as actividades extraescolares con asociacións deportivas e culturais de ámbito local, para promover o deporte de base e a cultura fronte ao modelo actual baseado na subcontratación das actividades a empresas privadas.
– Creación dunha escola pública no centro da cidadeo, formando parte do Plan de Dinamización do Casco Histórico.
– Creación dun proxecto de intercambio de libros de texto a nivel municipal, en coordinación coas ANPAS.
– Escolarización con equidade dos nenos e nenas pertencentes a grupos en risco de exclusión social entre todos os centros de ensino públicos e concertados, para evitar a creación de guetos. Para elo crearanse as Comisións de Escolarización Municipais.
–
Creación dun Programa-marco municipal de apertura dos centros educativos e das súas instalacións ó seu contorno fóra do horario escolar.
– Facilitar o acceso dos centros educativos a grupos e asociacións a fin de maximizar os recursos existentes. Salóns de actos, instalacións deportivas ou bibliotecas accesibles co obxectivo de dinamizar o movemento asociativo nos barrios.
– Potenciar unha oferta educativa municipal integral, dirixida a todos os colectivos, con especialmente ás persoas adultas, migrantes e retornadas. Farase fincapé nos eixos das novas tecnoloxías, a integración cultural, medio ambiente, conciencia social, etc.