A situación do pequeno comercio coruñés é moi complicada, máis se cabe na zona da Cidade Vella e Pescadería. Aínda que o descenso do consumo devido a crise sistemática ten moito que ver, dende Esquerda Unida consideramos que o factor determinante do constante peche de establecementos ten a súa orixe na errada política municipal que lonxe de fomentar aos pequenos negocios, está a promover a implantación de grandes superficies comerciais que entran en competencia directa e desleal co pequeno comercio coruñés, forzando o seu peche e por conseguinte debilitando a tradicional vida de barrio coruñesa.
Xa que logo, O Consello Comarcal de EU Coruña rexeita a proposta desenvolvida pola Autoridade Portuaria da Coruña, na que propón a creación dunha grande superficie comercial e hostaleira xunto ao futuro aparcadoiro do Parrote. César Santiso, membro do Consello Comarcal e da Executiva Nacional de EU, indicou que “semella que os dirixentes de O Porto están máis preocupados en defender os intereses económicos da empresa adxudicataria que no benestar dos coruñeses e coruñesas”. César Santiso sinalou que a argumentación utilizada pola Autoridade Portuaria é errónea, cando non falaz, pois pretende defender o feito de que a apertura de novas superficies beneficia a cidade e significa un impulso para a zona, cando na realidade o único que se pretende con esta actuación e resolver o problema económico da empresa concesionaria, Copasa, mediante a cesión chan público, que é de todos os coruñeses e coruñesas.
EU entende que si realmente se quere e beneficiar a cidade e impulsar a zona, o que se debe facer e ampliar as zonas libre por iso Esquerda Unida propón que en lugar da creación dun centro comercial no Parrote, se conserven as murallas, como ordena a Dirección Xeral de Patrimonio, e se habilite un espazo público de lecer e esparexemento para que a cidadanía coruñesa poida gozar da fachada marítima da nosa cidade en toda a súa extensión.