O recorte das pensións forma parte dunha sistemática de ataques antisociais do Goberno ZP, co silencio cómplice do PP, que se estende dende a primavera de 2009: recorte do salarios das empregadas e empregados públicos, contrarreforma laboral, privatizacións e rebaixa do imposto de sociedades ás empresas e retirada da axuda de 426 euros ás persoas sen outro ingreso, e agora un recorte das pensións inxusto e innecesario. Pagamos a maioría social traballadora a crise causada polas políticas da globalización capitalista. Gañan os banqueiros e especuladores, os causantes dela.
DICIMOS NON A
TRABALLAR MÁIS ANOS PARA TER DEREITO A UNHA PENSIÓN MÁIS PEQUENA
Algunhas das medidas máis dañinas para a maioría social traballadora son as seguintes:
– Aumentase a idade legal de xubilación, dos 65 aos 67. Teremos que traballar dous anos máis, o que supón perder o dereito a pensión por dous anos. A maiores para se xubilar co 100% da base reguladora haberá que traballar 3 anos e medio máis (de 35 a 38,5 anos). Con esta medida a contía da pensión vaise reducir entre un 12-15%.
– Se esixen máis anos de cotización para ter dereito á pensión. Alóngase de 15 a 25 anos o período de cómputo para as pensións (o que suporá unha redución das mesmas porque canto más atrás da carreira laboral se vai menor adoita ser o salario). En consecuencia a contía das pensións caerá entre un 9-12% a causa desta extensión do período do cómputo.
– Desaparece a xubilación especial aos 64 anos.
– As Mutuas privadas van controlar as baixas inferiores aos 15 días, presionando para reducirmos o dereito á saúde.
– Apróbase unha reducción das cotas empresariais á Seguridade Social do 100% (nas empresas de menos de 250 traballadores) e do 75% para as máis grandes para os contratos a tempo parcial. Cartos para as empresas e obrigas para a clase traballadora.
– Acórdase unha proposta enerxética non sustentable no que segue a pesar abondo os combustibles fósiles e a nuclear e sen contemplar a redución do consumo enerxético.
– O recorte non remata aquí: o van revisar – léase á baixa – cada 5 anos.
Que pensións van ter as mozas e mozos con carreiras laborais e de cotización precarias e inestables?
Que sentido ten atrasar a idade de xubilación pechando a porta aos millóns de persoas en paro, mulleres e mocidade?
Un exemplo: unha persoa cun salario de mil euros, que comece a súa vida laboral con 33 anos (a media na actualidade) e que somentes teña 2 anos de parada nas cotizacións ao longo da vida laboral se tería que xubilar aos 67 anos cunha pensión de 769 euros mensuais. Este é o inxusto avenir que nos impón ao Goberno.
NON A UN RECORTE INXUSTO E INNECESARIO
Esquerda Unida di non a un recorte innecesario: as proxecións interesadas a longo prazo carecen de toda fiabilidade e so buscan sementar o medo e xustificar o recorte, asemade de facilitar a ampliación do negocio dos plans privados de pensións, estes si, insolidarios e de alto risco. Temos superávit nas cotizacións sociais e un fondo de reserva de 64.000 millóns de euros. Crece a produtividade do traballo e crece a riqueza social. Faise para roubarnos as traballadoras e traballadores uns 40.000 millóns de euros do noso salario diferido.
Esquerda Unida di non a un recorte inxusto: as pensións galegas son as máis baixas do Estado. Co agravante das derivadas do sector primario, que teñen unhas condicións específicas herdadas que as fan minúsculas ou inexistentes. O que se precisa e darlle un pulo as mesmas e proceder de maneira gradual a súa suba, para o cal hai recursos, só hai que ter a vontade de buscalos: nunha fiscalidade progresiva sobre as rendas altas e do capital, na persecución do fraude fiscal (20% do PIB, máis de 70.000 millóns de euros anuais), na tributación das SICAV, etc.
Esquerda Unida defende o fornecemento e ampliación do sistema pública de pensións, a partires do seu valor fundamental como elemento de solidariedade e de xustiza social. Nós derrogaremos, se temos o voso apoio, este recorte das pensións.
Non a un recorte inxusto e innecesario
Basta xa de recortar dereitos para facer negocios privados
A riqueza social que xeramos as mulleres e homes da clase traballadora ten que reverter en beneficio de todas e todos
ORGANÍZATE E LOITA
NEN NOS DOMARON, NEN NOS DOBRARON, NEN NOS DOBREGARÁN