EU rexeita os orzamentos por inxustos e ineficaces

 

Esquerda Unida rexeita os orzamentos do Concello coruñés, por consideralos ineficientes. Semella que os nosos gobernantes está a xogar de maneira temeraria  cos cartos dos coruñeses e, xa que logo, cos recursos da cidade. Esa é a única lectura que se pode sacar diante das eivas e imprecisións que se detectan tras un estudo serio dos orzamentos. Unha boa mostra da ineficaz xestión do Concello é o feito de que por dereitos pendentes de pagos existan 70 millóns de euros, e dicir que o concello da Coruña amosase incapaz de recadar boa parte dos impostos e taxas cos que debe cubrir a súa xestión municipal o que obriga a necesidade de acudir a custosos créditos financeiros, ou que o maior gasto público presente nos orzamentos do 2011 correspondese co pago de sentenzas xudiciais condenatorias por asuntos urbanísticos, concretamente 4.657.899,08 €, e iso que os orzamentos non fan fronte ao pagamento dos 8,2 millóns correspondentes a recente sentencia condenatoria emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación coa irregular reclasificación dos terreos en Someso. Asemade, causa estupor os 1,2 millóns en gastos diversos non xustificados ou os 383.000 € dedicados a protocolo de alcaldía e relacións públicas.

 

O Consello Comarcal de EU Coruña denuncia o carácter continuista co modelo económico baseado no ladrillo e o formigón que nos afondou na crise, dos orzamentos aprobados polo concello coruñés. Eso é o que se desprende tras constatar que a maior parte do investimento municipal, lonxe de aplicarse para crear emprego en base ao cambio do modelo produtivo na nosa cidade, invístese en urbanismo, concretamente invístese 10 veces máis en políticas ligadas ao sector da construción, pouco creadoras de emprego, que a políticas activas de promoción de emprego que tan so reciben 3,7 millóns de euros.

 

“O Concello da Coruña ven de aprobar os orzamentos do 2011 nun pleno tan insulso como opaco e carente de espírito democrático”. Está foi a primeira valoración que o Coordinador Comarcal de Esquerda Unida, César Santiso, realizou a saída do salón de plenos ao que acudiu en compañía de Miguel Novoa, membro da Executiva Comarcal de EU. César Santiso criticou o pouco interese do Goberno municipal de mostrar publicamente os orzamentos, máis aló da súa campaña propagandística. Polo que solicitou ao Concello “maior transparencia coas contas municipais” para o cal considera necesario que os orzamentos se fagan públicos na súa totalidade con tempo suficiente antes da súa aprobación, para que poidan estudalos as organizacións políticas que carecen de representación e o movemento asociativo coruñés.

 

César Santiso, denunciou tamén o pouco espírito de diálogo constructivo dos distintos Grupos Municipais que dedicaron boa parte do pleno a criticar posturas persoais, e facer continuas referencias a políticas desenvolvidas por Xunta o Goberno central que nada teñen que ver co debate municipal. Neste senso, o Coordinador Comarcal de EU rexeitou a actitude, canto menos pouco democrática, do voceiro do Grupo Municipal do PP, Carlos Negreira, quen a resposta da intervención do voceiro do Grupo Municipal do BNG, Henrique Tello, espetoulle “cuando usted habla nosotros no lo escuchamos”.

 

Asemade, Santiso subliñou a inaceptábel actitude da meirande parte dos concelleiros do PSOE que en medio do pleno máis importante do ano, no que se debaten os orzamentos, dedicáronse a ler varios xornais, a xogar co móbil e a mirar constantemente a hora, mostrando claramente o pouco que lles importaba o que alí estaba a acontecer.   

 

Por este motivo César Santiso reclama unha rexeneración política na cidade, na que outras forzas políticas, como a esquerda alternativa, poidan achegarse a María Pita para desenvolver outras políticas. Políticas centradas na cidadanía e non no capital, que teñan a suficiente altura de miras para ver máis aló das seguintes eleccións e poñan o acento nas verdadeiras necesidades, como resolver o grave deterioro social e medioambiental no que nos atopamos ou preparar á cidadanía para o eminente cénit do petróleo e a crise enerxética en cernes.

Relacionados