EU Pide a dimisión da concelleira de Medio Ambiente

En días pasados o Consello Comarcal de EU Coruña, asemade de esixir a intervención inmediata do concello para que a empresa concesionaria Cespa cumpra co convenio colectivo e readmita ao presidente do comité de empresa, propuxo o concello da Coruña incluía unha cláusula nos pregos de condicións para a contratación de empresas concesionarias, na que obrigue a dispor de convenios colectivos similares en canto a dereitos aos que dispoñen os empregados do concello, asemade de garantir o seu cumprimento.

Esquerda Unida considera que a devandita cláusula permitiría igualar en dereitos e condicións laborais a todos os traballadores e traballadoras que desenvolvan servizos a cidadanía aos que o concello estea constitucionalmente obrigado. Esta medida evitaría situación de conflictos laborais gravosos para a cidadanía, como o que estamos a vivir, ao tempo que permitiría ao concello ser parte activa na negociación colectiva destas empresas.

 

Con todo, lonxe de atender a nosa proposta para a contratación de servizos e de intervir no conflicto para que Cespa cumpra as súas obrigas, o Goberno Municipal está a presionar aos traballadores e traballadoras para que no vaian a folga, culpabilizándoos e dando a razón a empresa.

 

Xa que logo, Esquerda Unida rexeita que o concello se posicione en contra dos traballadores e pide a dimisión da concelleira de Medio Ambiente, Nieves Vázquez, logo das súas inaceptábeis declaracións nas que, para evitar un problema político e mediar no conflicto a favor do capital ao máis puro estilo neoliberal, ataca directamente ao conxunto de traballadores insinuando que son problemáticos: “de una forma más o menos habitual han realizado amagos de movilizaciones”, desacredita ao Comité de Empresa ao considerar que non lles asiste razón: “Es un tanto sorprendente, porque los motivos que al parecer alegan entiendo que no son de la suficiente envergadura como para convocar una huelga indefinida” e tergiverxa a realidade afirmando que se convocou a folga con poucas gañas e que a representación non era moi grande: “han convocado la huelga sin muchas ganas”, “no es una representación muy grande”.

 

Especialmente molesto estaba César Santiso, Coordinador Comarcal de EU, tras coñecer as declaracións da concelleira de Medio Ambiente nas que di “tomarán como rehenes a los ciudadanos”. César Santiso afirmou que “tentar votar a cidadanía en contra dos traballadores por pretender exercer o seu dereito constitucional a folga constitúe unha vergoñenta infamia impropia dun cargo público, máis aínda cando o problema ven derivado da privatización encuberta dun servizo básico para a cidadanía por parte do concello, quen debido a súa manifesta incapacidade para xestionalo tivo que externalizalo cun enorme custo económico para as arcas municipais”.

 

“É logo sacan peito autoproclamándose socialistas e de esquerdas” expresou Santiso quen ironicamente afirmou “concelleira volta a casa polo nadal”.

 

Finalmente, Esquerda Unida quere manifestar o seu total apoio a folga indefinida convocada a partires do día 2 de xaneiro e a solidariedade cos traballadores e traballadoras de Cespa, co Comité de Empresa e o seu Presidente.

 

Relacionados