EU saúda o acordo acadado entre empresa e traballadores de Cespa

 

 

O acordo asinado implica a readmisión do Presidente do Comité de Empresa e a retirada da sanción aos traballadores que se incorporaron tarde o seu posto tras ir na procura de novos traxes de traballo por ter os seus en mal estado. Asemade do compromiso da empresa de revisar as eivas no convenio colectivo como o cumprimento da cadro de persoal mínimo, o plan de igualdade, o de seguridade laboral e a prevención de riscos laborais.

 

Xa que logo, Esquerda unida saúda o acordo acadado entre empresa e comité de empresa e valora positivamente o cambio de actitude de Cespa co que a empresa volve a legalidade evitando xerar un grande prexuízo para a cidadanía.

 

Asemade, o Consello Comarcal de EU Coruña valora o acordo como un grande éxito que ven a demostrar a eficacia da loita sindical e a unión dos traballadores na defensa dos nosos dereitos.

 

Para evitar este tipo de situacións e mellorar a calidade dos servicios municipais, o coordinador comarcal de EU César Santiso, propuxo que o concello incluía cláusulas nas contratacións que obriguen as empresas a dotarse de convenios colectivos que permitan a igualdade en dereitos e condicións laborais entre os traballadores que desenvolven de servizos a cidadanía, ao tempo que permitan que o concello poida garantir o seu cumprimento.

 

Finalmente, César Santiso, criticou o afán de protagonismo do alcalde quen logo de non ter a valentía de mediar no conflicto que afectaba a un servizo que constitucionalmente está obrigado a desenvolver o concello, agora pretende apuntarse o éxito das negociacións felicitándose porque as partes atendesen a súa “esixencia”.

Relacionados