EU si que significa cambio

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “as declaracións do alcalde non fan mais que confirmar o afastado que se atopa da realidade, semella que vive nun universo paralelo”. César Santiso preguntouse “como é posíbel que unha persoa que leva case que trinta anos na corporación coruñesa poda autoproclamarse como símbolo do cambio?

 

O consello comarcal de eu Coruña afirma que tanto PP como PSOE están a defender as mesmas políticas neoliberais que nos afundiron na crise, xa que logo, non poden autoproclamarse como abandeirados do cambio. 

 

Resulta un insulto cara a intelixencia da cidadanía que un alcalde que apoia as políticas neoliberais de recortes de dereitos desenvolvidas polo Goberno de España, agora se erixa no promotor do cambio. Acaso esqueceu o Sr. Losada a contrareforma laboral, a conxelación das pensións, o recorte de salarios na función pública ou o pensionazo.

 

Esquerda Unida é a única organización política que ten forza, capacidade e vontade para desenvolver políticas alternativas a prol dun verdadeiro e profundo cambio na Coruña.

 

Relacionados