EU-SON apoiará a investidura como alcalde do candidato do BNG

 

Respecto da invitación feita a Esquerda Unida-Son para participar na futura Comisión de Goberno, que estaría conformada por BNG, PsdeG-PSOE, ARDT e EU-SON, considerouse que o goberno e administración municipal corresponde ao conxunto do alcalde, concelleiras e concelleiros, tal como establece a lexislación vixente, e polo tanto por vontade do noso electorado, o concelleiro Lino Costas xa formará parte do gobernó municipal independentemente da súa pertenza ou non, á Comisión de Goberno.

Rexeitouse a clasificación bipartidista propalada interesadamente polos partidos do réxime, de considerar goberno á Comisión de Goberno (que se configura coa lexislación vixente por decisión voluntaria do alcalde) e considerar oposición aos partidos non incluídos en dito órgano.

Baixo estas circunstancias Esquerda Unida – Son débese única e exclusivamente ao seu programa de defensa da maioría social traballadora de Ponteareas contra as políticas neoliberais que nos abafan, situándose aí o noso marco de actuación.

Ante esta conxuntura política, e dende unha perspectiva de esquerdas, temos o deber programático, moral e ético de facer todo canto estea na nosa man para evitar unha alcaldía do PP. Así, posicionámonos politicamente, e tras reflexionar e barallar todas as variantes posibles, a Asemblea Municipal de EU, resolveu apoiar co noso voto a alcaldía do BNG, xa que, sendo consecuentes coa elección dos votantes o BNG constitúese como forza mais votada, e non formar parte do Goberno Municipal ou máis estritamente, Comisión de Goberno.

Esta decisión baseouse na premisa de que o proxecto político de Esquerda Unida é diferente ao das forzas políticas mencionadas anteriormente e polo tanto, EU debe considerarse goberno para defender e levar a cabo o seu programa e oposición ás políticas neoliberais e debe realizar vida política propia, mais facilitando a gobernabilidade do Concello.

 

A Asemblea Municipal de EU ten claro que aceptar a nosa pertenza a unha Comisión de Goberno, que se configura coa lexislación vixente por decisión do alcalde, minguaría a nosa liberdade de actuación para a defensa do noso programa na súa integridade.

Relacionados