EU súmase a defensa da lingua

A Executiva Nacional de Esquerda Unida súmase á esixencia de derrogación do decreto 79/2010 que representa unha involución no proceso de normalización da lingua galega. O futuro do pobo galego fálase e escríbese en galego, nas aulas e na rúa, e non pode ser que sexan as institucións as que limiten a nosa identidade.

As trabas que pon o concello de Santiago son unha mostra da política lingüicida de Feijóo que coloca a lingua en mans daqueles que a desprezan” sentenza a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz. O goberno do PP impuxo unha maquinaria destinada a vilipendiar á lingua galega e a darlle acubillo ás posturas de sectores reaccionarios que desprezan a nosa lingua.

Por iso Esquerda Unida seguirá apoiando as mobilizacións, aportando compromiso e loita para defender a lingua que nos une como pobo.

Relacionados