EU anticipa o fracaso de nocturnia

 

O grupo municipal de EU-V anticipa o fracaso de nocturina por desenvolverse de costas a mocidade, o que ven a significar unha nova mostra da falta de interese do Goberno do PP na participación cidadá.

 

A área de mocidade de Esquerda Unida leva esperando máis dun mes a resposta da solicitude de xuntanza co alcalde de cara a creación do Consello da Mocidade. Un organismo que debería dar cabida a todas as organizacións e asociacións xuvenís e contar cunha dotación orzamentaria propia para que encargarse de organizar actividades como o programa de ocio xuvenil nocturno, actividades lúdico-culturais para a mocidade, ou incluso a parte xuvenil do calendario de festas da cidade.

 

Con todo, a resposta do Goberno municipal é o anuncio unilateral do programa Nocturina, xa que logo, Esquerda Unida denuncia que o programa de ocio xuvenil nocturina deseñouse sen contar coa participación da mocidade.

 

O Concelleiro de educación, deportes e xuventude indicou “contamos coa policía de barrio como complemento, e mediante a colaboración remataremos co botellón con actividades”. Algo que no comparte o voceiro de EU-V, César Santiso, quen indicou que “pretender rematar co botellón apoiándose na policía de barrio semella irreal, inapropiado e imprudente. A historia demostra que este tipo de prohibicións teñen xusto o efecto contrario e dende logo aprender chino mandarín non creo que sexa unha alternativa para a mocidade que acude ao botellón”.

 

“O cambio deste tipo de dinámicas que teñen a súa base na crise de valores da sociedade e na falta de perspectivas que lle presentamos a mocidade requiren dunha actuación integral e un amplo consenso que pasa principalmente por involucrar a mocidade na toma de decisións. Precisamente iso é o que se pretende coa creación do consello da mocidade e precisamente iso é o que o PP rexeita, dando a calada por resposta” subliñou César Santiso.

Relacionados