A Asemblea local de EU Coruña decidiu por unanimidade asumir e facer súas outra batería de propostas desenvolvidas polo tecido asociativo, neste caso as das organizacións ecoloxistas máis representativas do ámbito galego: Amigos da Terra, a CEMMA (ADEGA, ANABAM, CES, Erva, Hábitat, SGHN) e a Federación Ecoloxista Galega (ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suído, CES, Coto do Frade, Guerrilleiros das Fragas, Grupo Naturalista Hábitat, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño de Azor, Oureol, Vaipolorío, Verboxido, Verdegaia, XEVALE).
Xa que logo, Esquerda Unida anuncia que inclúe no seu programa as propostas dos principais grupos ecoloxistas galegos incorporadas en “un programa pola terra”. A meirande parte das propostas xa as contemplaba o programa de Esquerda Unida – Os Verdes, outras incorporáronse logo de debater o documento “un programa pola terra”, mais en todo caso e para dar unha mostra máis clara do noso compromiso co medio ambiente e as organizacións ecoloxistas decidimos achegar o texto completo ao noso programa, no anexo IV.
O coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, César Santiso, afirmou que “como non podía ser doutra maneira, asumimos todas e cada unha das propostas ecoloxistas, incluso moitas xa as temos amplamente desenvolvidas con plans de actuación inmediatos como o Plan Integral de Mobilidade Universal es Sostíbel (PIMUS), a Empresa Municipal para Asegurar a Soberanía Alimentaria Coruñesa (EMASAC) A Empresa Municipal de Enerxías Renovábeis (EMER) ou mesmo a participación cidadá cos orzamentos participativos”
Finalmente, o consello comarcal de EU Coruña, fiel a democracia participativa que defende, afirma que ten a intención de asumir aínda máis propostas do tecido social para incluír no seu programa electoral e aínda que este vaise a pechar quedará pechado o vindeiro martes, anima a outras organizacións sociais a facer achegas que aínda que non se podan incorporar no programa, EU-V defenderá con igual intensidade.