EU-V cudaruplica os seus apoios

 

Proba de elo é a espectacular incremento de Esquerda Unida que cuadriplica os seu número de apoios na Galiza segundo os datos de Ipsos Public elaborados para o xornal La Opinión que sitúan nun 5,4% a intención de voto para a forza que representa a esquerda real, consolidándoa como a carta forza na comunidade a tan so a metade de apoios do BNG que volve a sufrir un retroceso electoral e moi distanciada de UPyD, quinta forza política, á que cuadriplica.

 

As enquisas sitúan á coalición Esquerda Unida – Os Verdes moi cerca de obter un deputado pola provincia da Coruña, un novo fito histórico logo de acadar representación no Concello nas últimas municipais. Porque os datos de intención de voto para A Coruña son sensíbelmente mellores que a media galega, ademais segundo o CIS un 5,6% da cidadanía declara que vai a votar pero dubidan entre facelo entre Esquerda Unida e PSOE, un porcentaxe que na Coruña maioritariamente decantarase para a coalición verdi-vermella que está a desenvolver unha actividade política moito máis coherente e próxima á cidadanía, quen maioritariamente valora moi positivamente a labor institucional do grupo municipal en María Pita.

 

Neste sentido, a progresión das enquisas evidencian que seguimos a sumar apoios, incrementando constantemente a porcentaxe de intención de votos e conseguindo mobilizar o voto de esquerdas, porque as familias traballadoras apóianos e o PSOE non ten credibilidade, Rubalcaba fala coa man esquerda pero fai políticas coa dereita.

 

A candidata ao Congreso dos Deputados, Mariluz Canal, chamou aos desencantados da política, aos que se senten enganados polo PSOE e aos que rexeitan o actual sistema, a que confíen en Esquerda Unida – Os Verdes e nos dean a oportunidade que nunca tivemos, e así, todos xuntos acadar esta fazaña.

Votar a EU-V é rebelarse contra o paro, votar a EU-V é rebelarse contra a crise, votar EU-V é rebelarse contra a inxustiza, por iso cada punto que avanza EU-V é un retroceso dos mercados”.

 

Mariluz Canal indicou que “non teño dúbida de que alcanzaremos representación por A Coruña porque a cidadanía apostara por unha saída de esquerdas a crise. Dou a miña palabra que traballarei a reo e con honestidade a prol das familias traballadoras e a xustiza social, como o levo facendo toda a miña vida. Non vos traizoaremos nin nos poremos de xeonllos diante dos mercados como fixeron outros que se din de esquerdas”.

Relacionados