O candidato de EU-V, César Santiso, indicou que “os datos cos que estamos a traballar sitúannos un 1% por riba da enquisa de Ipsos o que significa a obtención de dous concelleiros. Ademais, César Santiso declarou “Estamos a traballar duro para demostrar que hai alternativa, que non todos os políticos son iguais, que existen políticos con ética e coherencia e que nos a practicamos. Por iso, afirmamos que outra política é posíbel si a desenvolvemos entre todos e todas.
Finalmente Santiso afirmou que “non descartamos dar unha grande sorpresa si os desencantados da política, a xente de esquerdas que non cree neste sistema, danos unha oportunidade, oportunidade que Esquerda Unida nunca a tivo na Coruña. Non vos defraudaremos, traballaremos con todas as nosas forzas a prol da maioría social, os traballadores e as astraballadoras, na procura da sustentabilidade social e medioambiental”.