EU-V pode obter escaño

 

Comezou a rolda de prensa, César Santiso quen indicou que diversas enquisas auguran un espectacular incremento de Esquerda Unida que cuadriplica os seu número de apoios na Galiza. Así Ipsos Public sitúa nun 5,4% a intención de voto para a forza que representa a esquerda real, consolidándoa como a carta forza na comunidade a tan so a metade de apoios do BNG que volve a sufrir un retroceso electoral e moi distanciada de UPyD, quinta forza política, á que cuadriplica.

 

Santiso sinalou que os datos internos cos que traballan son aínda maís esperanzadores, pois indican un apoio do 5,6% na Galiza, indice que na Coruña increméntase en dous puntos, outorgando posibilidades reais de obter un acta de Deputado. ”Mariluz Canal sexa Deputada en detrimento do quinto do PP”.

 

Finalmente Santiso falou das posibilidades de EU-V a nivel estatal onde contan con acadar un 10% de apoios e obter entre 11 e 20 diputados.

 

De seguido tomou a plabra Mariluz Canal para subliñar que ”as enquisas sitúan á coalición Esquerda Unida – Os Verdes moi cerca de obter un deputado pola provincia da Coruña, un novo fito histórico logo de acadar representación no Concello nas últimas municipais”. Para acadar o dito éxito, Canal chamou aos desencantados da política, aos que se senten enganados polo PSOE e aos que rexeitan o actual sistema, a que confíen en Esquerda Unida – Os Verdes e dean a oportunidade que nunca tivemos, e así, todos xuntos acadar esta fazaña.

 

“Votar a EU-V é rebelarse contra o paro, é rebelarse contra a crise, é rebelarse contra a inxustiza, por iso cada punto que avanza EU-V é un retroceso dos mercados” indicou Canal quen afirmou “non teño dúbida de que alcanzaremos representación por A Coruña porque a cidadanía apostara por unha saída de esquerdas a crise. Dou a miña palabra que traballarei a reo e con honestidade a prol das familias traballadoras e a xustiza social, como o levo facendo toda a miña vida. Non vos traizoaremos nin nos poremos de xeonllos diante dos mercados como fixeron outros que se din de esquerdas”.

 

Neste sentido, a progresión das enquisas evidencian que seguimos a sumar apoios, incrementando constantemente a porcentaxe de intención de voto e conseguindo mobilizar o voto de esquerdas, porque as familias traballadoras apóiannos e o PSOE non ten credibilidade, Rubalcaba fala coa man esquerda pero fai políticas coa dereita.

Relacionados