EULEN non cumpre a legalidade

O grupo de Esquerda Unida quere denunciar que a empresa Eulen beneficiaria de numerosas adxudicacións co actual goberno municipal do PP non cumpre coa legalidade. É condición necesaria para poder ser empresa adxudicataria de servizos do Concello de Ferrol a subrogación do traballadores que viñan prestando o servizo con outra empresa; así consta nos difernte pregos de condicións que se veñen aprobando dende hai anos e así é a vontade das diferentes administracións locais que se veñen sucedendo. A regulación das subrogacións faise polo tanto con arreglo á propia normativa emanada do concello en virtude do exercicio da sua autonomía e potestade regulatoria.

Desde Esquerda Unida entendemos que a vontade política e o interese xeral teñen sempre que estar por riba dos negocios se do que falamos é de prestar servizos públicos. Ao marxe do que pensemos sobre a conveniencia de que os servizos públicos sexan todos de xestión directa e con arreglo ao dereito público, de houber adxudicacións estas téñense que executar e xestinar consonte as cláusulas do prego, que é norma e lei para a empresa adxudicataria.

O Alcalde non pode permanecer cego, mudo e xordo perante unha situación de insumisión manifesta. Eulen debe proceder de inmediato a cumprir o requerimento do concelleiro de seguridade e  reparar a situación xerada coa non subrogación restituindo aos traballadores despedidos nos seus postos conservando dereitos e condicións de traballo. De non facelo Esquerda Unida insta ao Alcalde a anular todo vínculo coa empresa resultante da adxudicación.

Relacionados