Eva Solla: “1.700 persoas agardan por unha praza nunha residencia en Galicia”

Eva Solla, vicepresidenta segunda no Parlamento e deputada de En Marea, criticou en Comisión as declaracións “pouco prudentes” do Conselleiro de Políticas Sociais, e que non teñen en conta as verdadeiras necesidades dos centros, como o de maiores de Oleiros, de menores Ferrol ou do CAPD da Coruña, unhas instalacións que cada vez teñen máis deficiencias. Tamén fala da situación dun persoal sanitario precarizado e que leva anos sen consolidar o seu posto de traballo, xa que non existe unha oferta pública para iso.

Respecto ás residencias para maiores, Solla lembra que “1.700 persoas agardan por unha praza nunha residencia en Galicia”, polo que é insultante falar de melloras neste panorama.  Dende Esquerda Unida levamos anos a denunciar que os recortes do goberno do PP impiden a prestación de servizos moi necesarios, concretamente no eido sociosanitario e de atención á dependencia.

Ver vídeo dende aquí

Relacionados