A coordinadora de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla vén de participar no programa “Bos Días” da TVG, presentado polo xornalista Marcos Sueiro.
“A confluencia é algo que se constrúe cada día e que agora está a funcionar ben: estamos falando e poñendo o foco nas pensións, sobre os orzamentos, de sanidade e de moitos temas que afectan á xente”, expón Eva Solla, quen tamén falou de que “o caso de Cifuentes non é ético, polo que ten que asumir as súas responsabilidades”. “As dificuldades de hoxe en día fan que teñamos que ser máis responsables coas nosas accións”, sinalou.
Non perdas a entrevista completa dende aquí.