Eva Solla: “A sanidade pública non pode ser un nicho de negocio da privada, e temos exemplos sangrantes”

A deputada de En Marea, Eva Solla, pregunta á Xunta de Galicia sobre “que medidas levará a cabo respecto ao incumprimento das Leis en Materia de Incompatibilidades no SERGAS e os conflitos de intereses que conlevan, que van contra a sanidade pública”.

“Ao noso entender, se está a dar un proceso peligroso, xa que moitos colectivos queren percibir un complemento económico e, para iso, están a incumplir a lei de Saúde de Galicia, entre outras”, explica Solla, que fai fincapé na necesidade “dun compromiso serio coa sanidade, que non pode ser un nicho de negocio da privada, do que temos exemplos sangrantes”.

“Temos que coidar ao persoal público, devolver a carreira profesional, mellorar a formación e favorecer a promoción profesional e a investigación”, sinalou a deputada.

Ver a intervención dende aquí

Relacionados