Eva Solla, considera a autodeterminación do Sahara Occidental como única vía para resolver o conflito

A coordinadora de Esquerda UnidaEva Solla rexeita categoricamente as palabras de Pedro Sánchez en relación á cuestión do  Sahara Occidental e considera unha “aberración o plan de autonomía que incluiría o Sáhara e o seu pobo como parte de Marrocos”

Solla fai fincapé e resalta que o plan proposto polo presidente do goberno non cumpre coas múltiples resolucións de Nacións Unidas, da MINURSO nin co acordo de paz asinado en 1991

Para Solla, a actitude do presidente do goberno só se pode considerar como “irresponsable xa que España é potencia administradora do Sahara e insta o goberno a que non eluda as súas responsabilidades e que se traballe para que se celebre canto antes para un referendo de autodeterminación que permita á poboación saharauí vivir no seu territorio en paz”

Por último Solla indica que o que deberia facer Sánchez é “condenar os ataques por parte de Marrocos ao Sahara, non só en 40 anos de ocupación e represión senón cos ataques e bombardeos efectuados por Marrocos á poboación saharauí estas últimas semanas” e que esa debería ser a única preocupacíon do goberno”

Relacionados