A voceira de Sanidade de En Marea, Eva Solla, vén de defender no Pleno melloras para o persoal de transporte sanitario que está en folga en Galicia “polas pésimas condicións laborais e a ausencia de recursos suficientes”, así como a necesidade de devolver á xestión pública o servizo do transporte sanitario.
“Temos un modelo precario de transporte sanitario con empresas que pagan 800 euros ao seu persoal, son usureras e moitas están relacionadas co PP”, sinalou Solla. Segundo explicou, “o transporte está privatizado, adxudícase mediante concursos a varias empresas e as empresas concursan con baixos importes, cuestionando logo poder pagar aos traballadores”.
Deste modo, “a Xunta permítelles contratos en prácticas con salarios de 800 euros, por debaixo do SMI. Este transporte faise tamén para as clínicas privadas, co cal estamos pagando con cartos públicos servizos para empresas como Adeslas ou Quirón. As ambulancias son insuficientes e isto pon en perigo a atención á saúde”, dixo Solla que esixiu ao Goberno que dera explicacións por esta situación.
“Entendemos que xa está ben de continuar cunha situación onde está imposto o modelo precario, non se permiten as mobilizacións e se criminalizan as protestas”, rematou Solla.
Ver o vídeo dende: