Eva Solla defende na Comisión de Sanidade a necesidade de ter un novo centro de saúde para Noia

A deputada de En Marea, Eva Solla, defende na Comisión de Sanidade a necesidade de ter un novo centro de saúde para a vila de Noia, “que na actualidade ten un centro obsoleto aínda que hai terreos abondo para edificalo”.

Solla insta ao Goberno a “pór en marcha as xestións necesarias co Concello de Noia para a construción dun centro de saúde accesible e cunha dotación de servizos adaptada ás demandas da veciñanza, que ten un centro obsoleto e con ratos e non se está a facer nada”.

“O PXOM non contempla a ampliación do centro de saúde. Se o Partido Popular cre que hai que facer un centro de saúde novo, por que non o defenden aquí? Temos que falar desa necesidade. A Xunta non se comprometeu a nada no 2016, e seguimos na mesma tónica”, expón da deputada.
Ver a intervención dende aquí

Relacionados