Eva Solla defende no pleno os complementos para o persoal dos PACs por traballar noites e festivos

“Esta mañá non vimos a este pleno a esixir nada raro: só que se cumpra a normativa e que se lle pague ao persoal dos PACs o seu salario”, sinalou Eva Solla nada máis comezar a súa intervención e expoñer a proposición non de lei que levou ao pleno, que versaba sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación aos complementos de nocturnidade e festividade que está a cobrar o persoal dos Puntos de Atención Continuada.

“Durante este anos que recortaron á sanidade pública, a privada seguiu incrementando beneficios. Aí non hai restriccións”, sinalou a deputada. Mentres, o persoal sanitario de Urxencias estivo presente, na tribuna do Parlamento de Galicia, asistindo á intervención da voceira de Sanidade de En Marea. “É lamentable ter que vir a esta alturas ao Parlamento a reivindicar os complementos salariais do persoal sanitario de Urxencias, que sete anos despois segue sen cobrar”, rematou.

Ver vídeo dende aquí  

 

 

 

Relacionados