Eva Solla defende o recoñecemento da categoría profesional de Técnico de Emerxencias Sanitarias

A deputada de En Marea e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, defende na Comisión de Sanidade unha iniciativa “para o recoñecemento da categoría profesional de ‘Técnico de Emerxencias Sanitarias’, que regule estas competencias coa fin de evitar “contratacións irregulares”.

“A pesar da existencia da titulación, a Xunta non recoñece esta categoría profesional e non fai nada ante contratacións irregulares de persoal sen formación, o que se evitaría mediante o establecemento dun protocolo de verificación do persoal”, apunta Solla.

Ver a súa intervención en: 

Relacionados