🎥 Eva Solla denuncia a saturación e a carga de traballo do persoal dos centros de maiores de Galicia

Eva Solla, deputada do Grupo Común da Esquerda e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, preguntou esta mañá na Comisión de Sanidade ao Director Xeral de Maiores que pensan facer en relación á situación do persoal dos centros de maiores de Galicia, “nos que sufrimos carencia de persoal, o que ten un reflexo claro nos accidentes laborais e nas enfermidades profesionais”, sinalou.

Esta situación de saturación, sobre esforzo, estrés e falta de descanso do persoal que traballa nos centros de atención directa da Consellería, tales como as residencias de maiores ou os Centros de Atención a Persoas Dependentes, “provoca máis accidentes laborais ou leva a ter no futuro enfermidades profesionais. A idade media do persoal está en torno aos 50 anos, sendo empregos feminizados e desenvolto por mulleres que teñen que facer fronte a unha elevada carga de traballo”, explicou Solla.

“En residencias grandes, como pode ser por exemplo a de Oleiros, nas quendas de noite unicamente contan en cada unidade cunha auxiliar e unha enfermeira para atender aos 44 pacientes da unidade, os cales atópanse nunha ampla maioría, cun grado elevado de dependencia”, sinalou. Durante o día “a carga de traballo increméntase e non temos os cadros de persoal axeitados para levalo a esa situación”. E precisamente por este factor o persoal laboral das residencias de maiores “ten o índice de sinistralidade maior de todas as consellerías da Xunta de Galicia e de todo o persoal público. Iso implica un número alto de baixas e incrementa a carga de traballo para o resto. Ademais, as súas condicións de traballo son máis precarias que do resto de persoal”, dixo.

“Tamén chama a atención a falta de persoal en fisioterapia ou terapia ocupacional, profesionais moi necesarias que non só mellorarían a calidade de vida das persoas usuarias dos centros si non que tamén facilitarían o traballo do resto das profesionais”, finalizou.

Ver a súa intervención en: 

Relacionados