Eva Solla e María Consuelo Carballal debaten en Ferrol sobre o papel da muller na Revolución Rusa

Esquerda Unida Ferrol e a Asociación Cultural Fuco Buxán organizan mañá xoves 21 no Antigo Hospicio Municipal de Ferrol o acto que leva por título “As mulleres na Revolución Rusa” coa fin de visibilizar o papel das mulleres nun momento histórico que marcou un punto de inflexión na historia da humanidade e, en particular, da clase traballadora. Este coloquio contará con Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e María Consuelo Carballal, membro da área da Muller da Asociación Fuco Buxán.

Dende unha perspectiva feminista e narrada por mulleres, esta charla busca lembrar e devolver, na medida do posible, a estas protagonistas o recoñecemento polo seu papel na Revolución Rusa, que cumpre agora 100 anos.

Eva Solla e Mª Consuelo Carballal imparten a charla:

“As mulleres na Revolución Rusa”

Hora: 19 horas.

Data: Xoves, 21 de decembro.

Lugar: Antigo Hospicio Municipal (Rúa Méndez Núñez, nº 11).

Relacionados