A deputada de En Marea, Eva Solla, pregúntalle ao Conselleiro neste último pleno sobre “a porcentaxe orzamentaria que manexa incrementar a Xunta de Galicia para levar a cabo as medidas do Plan para a Sanidade Pública e se poden atender as demandas das e dos profesionais que piden máis persoal”. Segundo apuntou Solla nada máis comezar a súa intervención, é vergoñento “como se están a desprezar aos profesionais da Atención Primaria por parte do PP” nestes últimos anos.
“Se hai unha folga, hai un comité de folga, e vostedes teñen que sentarse con eles, non desprezar ao persoal constantemente”, sinala Solla, que recalca que “as e os profesionais dos PACs están indignadas e non poden seguir así”.
“É histórico que as e os profesionais propoñan unha folga, como a que se está a levar a cabo, para esixir que non os deixen tirados, porque está en xogo a Atención Sanitaria do noso país, así como os dereitos das galegas e galegos”, remata a deputada.
Ver a súa intervención dende aquí.