Eva Solla, en Madrid, coas traballadoras e traballadores de Vodafone-Ono

Esquerda Unida sumouse á manifestación do sábado 19 de setembro co fin de mostrar apoio aos traballadores e traballadoras dos centros galegos de Vodafone-Ono. Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida, acudirá á manifestación, que remata na praza Sol, en Madrid.

O obxectivo do acto é apoiar aos traballadores e traballadoras na súa preocupación ante o novo ERE presentado pola empresa no que prevé despedir a un total de 1.300 persoas en todo o Estado, afectando a case 200 traballadores e traballadoras de Galicia.

A actual lexislación permite despedir ás persoas sen que a empresa, nin tan sequera, estea a atravesar unha situación que o xustifique. Por riba, en Europa, de saír adiante o TTIP, suporía a liquidación do benestar, xa que o tratado persegue desregular por completo os dereitos sociais, laborais, económicos e ambientais; deixando á sociedade sen ferramentas efectivas para opoñerse aos intereses das grandes empresas, provocando que sexan as multinacionais as que condicionen ás políticas económicas dos Estados, e non ao revés.

Relacionados