No último número do xornal Novas do Eixo Atlántico (mes de setembro), Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, secretaria xeral do PCG e vicepresidenta da Mesa do Parlamento, fala de diferentes temas de actualidade política. Preguntada por se é difícil ser comunista nos tempos actuais, Solla contesta que “o difícil é ser traballadora precaria, non ser comunista. Son comunista porque creo que todas as persoas teñen dereito ao acceso ás mesmas condicións de vida”.
Respecto aos datos de desemprego, a coordinadora naciona de Esquerda Unida sinala que “a recuperación non está chegando á xente normal, que é a maioría. O goberno se ampara en datos macroeconómicos, pero a realidade é que familias e persoas seguen na mesma situación de desemprego. A diferencia non é moi grande desde o comezo da crise. O pouco emprego que se crea é precario e, en Galicia, temos salarios de miseria”.
Na entrevista tamén se tratan temas económicos como a pobreza estructural, as persoas sen fogar ou o incremento das axudas sociais. Que houbese que prorrogar os orzamentos da Risga é “sintomático” da situación que estamos a vivir galegas e galegos. Tamén se fala de actualidade sociosanitaria, como o peche de camas en verán, o aborto ou o modelo sanitario galego.
Ler a entrevista dende aquí (pdf):
Máis, no xornal Novas do Eixo Atlántico