Solla esixe a dimisión de Feijóo polo retraso nos fármacos contra a hepatite C e a situación do Hospital de Vigo

Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de AGE, asistiu esta mañá en Vigo á concentración do Álvaro Cunqueiro xunto a Rubén Pérez, secretario de organización de EU e Marina Albiol, eurodeputada da Izquierda Plural, quenes esixiron o rescate deste hospital e da propia sanidade pública.

Segundo explica Solla, “Esquerda Unida apoia a mobilización do 12 de maio contra a privatización sanitaria e os recortes que fai que un hospital que se abriu fai menos dun año, a día de hoxe, esté xa colapsado e sen camas”. Mentres, “o xerente segue sin dimitir, a pesar de estar imputado por presunta prevariación administrativa” e “a Fiscalía lle atribuía ademais un delito de homicidio por imprudencia profesional grave” polo retraso na administración dos fármacos aos enfermos da Hepatite C.

Deste xeito, Eva Solla asegura que estamos ante uns feitos “dunha gravidade extrema” e que demostran que “cando dixemos que os recortes matan, tiñamos razón”. “O máximo responsable desta política é o señor Feijóo, polo que pedimos a súa dimisión”, remata a deputada.

Para Esquerda Unida o Hospital de Vigo é un exemplo máis dunha política de recortes que deixan ver como a destrución da sanidade pública, universal e gratuíta segue a ser un dos negocios prioritarios de Alberto Núñez Feijóo.

Relacionados