Eva Solla, entrevistada en RNE para falar de actualidade política

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta da Mesa do Parlamento estivo este domingo en RNE para falar de diferentes temas de actualidade política. Preguntada polo novo cargo como coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla incidiu en que “esta organización, Esquerda Unida, sempre apostou pola confluencia. Agora, como novos retos, toca reforzar todo o que se fixo ben e mellorar naquelas áreas onde se fixo menos ben ou non houbo tanto tempo para traballar, xa que acumulamos moitos procesos electorais”.

Na entrevista de RNE, tamén se trataron temas como a viaxe institucional de Feijóo a China ou a valoración dos últimos 40 anos das primeiras eleccións democráticas despois da dictadura. Por último, falouse de como unha manifestación en defensa dun espazo social en Compostela rematou con brutalidade policial. #NonAPerdas

Escoitar en:

 

Relacionados