Eva Solla fala en Radio Galega sobre actualidade política de cara as Eleccións Autonómicas 2020

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e candidata ás Eleccións Autonómicas 2020, vén de participar no programa de Radio Galega Galicia por Diante, no que falou sobre actualidade política.

“Dende Esquerda Unida, xa rematamos en decembro os nosos procesos internos e, fai unhas semanas, comezamos as xuntanzas con Anova e Podemos; coas que temos unha relación moi boa e temos tamén presenza conxunta nos grupos municipais comúns”, lembrou.

Respecto á candidatura, Solla apuntou que “temos que lograr un acordo colectivo no que nos sintamos representadas”. Por último, segundo as enquisas, a coordinadora nacional de Esquerda Unida sinalou que é o momento de traballar nas propostas do noso programa “e todo o demáis virá a continuación”.

Non perdas o programa dende:

Relacionados